Estructura dun Edublog
Un blog pódese facer de moitas maneiras, así tamén como os edublogs, pero algunha vez pensastes en cómo sería o edublog perfecto? Pois hoxe imos resolver esa dúbida. Para que un edublog sexa ideal debe ter varias partes (Rostro Villoria):
- Un título cunha frase que indique o que se vai tratar nese blog, así tamén como unha breve descripción sobre a información que podemos atopar ahí.
- As diferentes entradas que se van creando e donde se publicará a información.
- Empregar gadgets, conteñen información do noso blog así como enlaces a outros blogs ou webs. Con isto tamén podemos mostrar un contador de visitas, as etiquetas que se atopan nas entradas, o perfil do autor/a...
- Comentarios debaixo das entradas para poder abrir un debate ou aportar máis información que a exposta no blog.
Aparte de todos estos aspectos que nos parecen moi importantes para a creación dun edublog, tamén cremos que, en canto ao deseño, destacan moito as ilustracións, un uso sinxelo, letra clara e dun tamaño xeitoso. Ademais diso, todos os contidos teñen que estar explicados de maneira clara, onde tamén se poden poñer enlaces a outros blogs, imaxes ou mesmo videos.
Dentro do edublog tamén é moi boa idea añadir actividades para o alumnado. Dende o noso punto de vista, incluiríamos actividades interactivas da rede, xa que aquí podemos atopar un gran abano de posibles actividades e diversas temáticas.
Ademais, añadiriamos as temáticas clásicas materias de clase, é dicir, sen contar matemáticas, linguas, ou historia, pero tamén poñeríamos outras como pode ser relacionada co medio ambiente, ou coas normas sociais de comunicación.
En conclusión, un edublog pode contar con diferentes deseños ou disposicións, ou mesmo diferentes tipos de actividades ou de obxectivos. Nós consideramos que o máis importante e que esa información e actividades poida chegar á maior poboación e alumnado posíbel. Iso sí, que sempre sexa o máis sinxelo e práctico de empregar que se poida.
Esta información foi extraída do seguinte blog:
Rostro VIlloria, J. (s. f.). Estructura de un edublog. Usos del blog en el aula. Recuperado 28 de abril de 2024, de https://blog-enelaula.blogspot.com/p/estructura-de-un-edublog.html
Comentarios
Publicar un comentario