Realidade Aumentada
- A baseada en marcadores emprega o recoñecemento de imaxes para identificar obxectos xa programados no dispositivo ou aplicación. Ao colocar estes obxectos como puntos de refencia, pódese determinar a posición da cámara.
- A que non ten marcadores é máis complexa, xa que non ten ningún punto para o enfoque do dispositivo. Así, debe recoñecer os elementos en canto aparecen na vista.
- Quiver: é similar a un libro de debuxos para pintar 2.0 que se pode descargar gratis. Despois de pintalos, poden ter vida a través da app con animacións e efectos.
- Merge e Merge cube: pode crear obxectos tridimensionais. Permite ao alumnado suxeitar nas mans obxectos dixitais 3D. Con esta app pódese inclusive ver unha galaxia ou unha molécula.
- Bodyplanet: a través das "body cards" revélanse os secretos do corpo humano a través da realidade aumentada.
- Para os nenos/as de 3 anos: esconderemos imaxes de familiares. Só empregaremos a aula e o patio.
- Para nenos/as de 4 anos: ampliando un pouco, deben buscar por diferentes aulas do colexio monumentos coñecidos de diferentes paises como a Torre Eiffel, o BigBen...
- Para máis maiores en educación infantil: empregamos todo o centro escolar, chegando incluso a involucrar a compañeiros de primaria para adaptalos ao cambio de etapa. Neste caso as imaxes baséanse nas diferentes épocas históricas, como romanos, da revolución industrial...
Badal, H. (2024, 7 mayo). 8 Apps con Realidad Aumentada que no podrás dejar de usar. Yeeply. https://www.yeeply.com/blog/desarrollo-de-apps/mejores-apps-realidad-aumentada/
Microsoft (s. f.). ¿Qué es la realidad aumentada (AR)? | Microsoft Dynamics 365. https://dynamics.microsoft.com/es-es/mixed-reality/guides/what-is-augmented-reality-ar/#:~:text=La%20realidad%20aumentada%20es%20una,est%C3%ADmulos%20sensoriales%20mediante%20tecnolog%C3%ADa%20hologr%C3%A1fica.
Intef. (s. f.). Wallame: Jugar al escondite en realidad aumentada - INTEF. INTEF. https://intef.es/observatorio_tecno/wallame-jugar-al-escondite-en-realidad-aumentada/
Lacasa, P. (2021, 9 marzo). Realidad aumentada en educación infantil - Proyectos - GIPI. Proyectos - GIPI. https://proyectos.uah-gipi.org/realidad-aumentada-en-educacion-infantil/
Promethean World. (2023, 26 mayo). 5 aplicaciones de realidad aumentada para el aula. https://www.prometheanworld.com/es/recursos/blogs/5-aplicaciones-de-realidad-aumentada-para-el-aula/
Comentarios
Publicar un comentario