Análise dos Edublogs na formación inicial do profesorado
Os blog poden ser empregados en diversos ámbitos, neste caso, imos falar do seu uso no ámbito educativo para a formación inicial do profesorado.
Os docentes ou estudantes de educación poden utilizar estes edublogs como un instrumento para a interación en liña. Así poden compartir un lugar virtual no que poden pensar, reflexionar e responder outros puntos de vista sobre aspectos pedagóxicos ou prácticas educativas. Ademais, tamén serven como programas para desenvolver competencias audiovisuais ou centradas nas tecnoloxías.
Esta ferramenta pode favorecer a avaliación máis sistematizada por parte do docente ou do estudante a docente. Desta maneira, os/as profesores/as que están a formarse, poden desenvolver competencias de supervisión, autoavaliación e avaliación entre pares (Ayala et al., 2020, en Frances, M., Giménez, J. L. y García, J., 2018).
Tamén se utilizan como fonte de información para manterse informados de novas prácticas educativas ou actividades para a aula, ou mesmo de experiencias respecto a certas temáticas.
Un aspecto moi positivo é que se poden promover relacións con outros educadores de outros lugares do mundo, onde se poden compartir ideas de proxectos, actividades ou metodoloxías. Con isto tamén poderán entrar nun debate de ideas e concienciarse do seu propio aprendizaxe.
A integración de ferramentas TIC nas actividades de ensinanza e aprendizaxe é unha das principais áreas de investigación dos educadores e estudantes (Cakir, H; 2013).
Como resultado de todas estas características, prodúcese unha unión do uso dos edublogs e do enfoque de competencia (Pinya, C y Rosselló, M.R., 2016)
Como conclusión, os edublogs conducen ao desenvolvemento consciente e a que os estudantes poidan adquirir competencias profesionais.
Esta información buscamola nos seguintes documentos:
Frances, M., Giménez, J. L. y García, J. (2018, 26 abril). Blogging en la formación del maestro - Telos Fundación Teléfonica. Telos Fundación Teléfonica - web revista Telos Fundación Teléfonica. https://telos.fundaciontelefonica.com/blogging-la-formacion-del-maestro/
Cakir, H. (2013). Use of blogs in pre-service teacher education to improve student engagement, Computers & Education, 68, 244-252. doi: https://doi.org/10.1016/j.compedu.2013.05.013.
Pinya, C. & Rosselló, M. R. (2016). Using blogs to be aware of the development and adoption of professional skills. Education and Information Technologies, 21(5), 1055-1070. doi: https://doi.org/10.1007/s10639-014-9367-z
Comentarios
Publicar un comentario