Os Edublogs
Un edublog é unha weblog que se emprega para fins educativos ou de aprendizaxe, e é usado tanto por docente como polo alumnado. O obxectivo principal é secundar un proceso de ensino-aprendizaxe nun contexto educativo.
Este concepto de edublog xorde da unión de ensinanza e blog. Tiveron que avanzar para poder deixar de lado a web clásica que empregaban os docentes para explicar instrucións ou materiais para o alumnado. Refírese tamén como unha conversación interactiva durante a viaxe polo coñecemento (Sáez Vacas, 2005, en Tíscar, Lara)
Os edublogs poden empregarse para diversas funcións, por exemplo, para impulsar os procesos de aprendizaxe, compartir e reforzar coñecementos de diversas materias ou para xuntar a docentes e alumnado para estimular o desenvolvemento académico.
Para a creación destes blogs temos diversas ferramentas ou programas que se poden empregar:
- A primeira opción sería traballar en servidores propios, onde podes ter un control total das aplicación. Algúns programas deste estilo poden ser WordPress, Flashblog ou B2evolution.
- A seguinte opción é empregar un sistema pechado e gratuíto, aquí podemos atopar Blogger, WordPress, Blogia, Blogsome ou Nireblog.
- Por último, tamén se pode traballar cun blog integrado nunha plataforma de e-learning como poden ser Moodle ou .LRN.
Segundo Uso de los blogs en una pedagogía constructivista, os blogs dentro da pedagoxía constructivista son considerados como unha forma de que o docente acompañe ao alumnado nun novo espazo de liberdade, fomenta o pensamento secuencial e otorga un gran control sobre o seu contido ao poder modificalo moi fácil.
Ademais, os blogs serven tamén para o desenvolvemento de traballos colaborativos xa que se poden distribuír facilmente os traballos dentro dun grupo. Así tamén se lle pode facer ver ao alumnado as responsabilidades que conleva publicar en Internet.
Vendo isto, podemos darnos conta de que os edublogs son moi útiles dentro da clase, tanto para os docentes como para o alumnado. Para o profesorado pode servir como unha maneira de publicar información adicional da súa materia. Por outro lado, para o alumnado pode ser útil para mostrar os seus progresos nunha actividade ou materia, opinións, diarios de traballo, etc. As posibilidades educativas que podemos darlle aos blogs poden ser (Martín Fernández, 2018):
- Ferramenta de aprendizaxe ubicuo: da acceso dende calquera lugar e hora, así como mandar contido ao blog dende o correo electrónico.
- Ferramenta de aprendizaxe constructivo: coas aportacións dos lectores nos comentarios, foméntase a interacción, o intercambio e o debate de ideas.
- Ferramenta colaborativa de aprendizaxe: a xestión compartida dun blog potencia o traballo colaborativo.
- Portafolios electrónicos: para a formación e avaliación tanto de alumnos/as (archivo de traballo, reflexións...) como de docentes (exposicións, exames...).
- Soporte para cursos on-line: pódense publicar traballos, foros de debate, titorías entre docente e alumno...
- Comunidade virtual de aprendizaxe: cada alumno/a sabe o grao de resposta, interese e compromiso que esperta o seu blog, polo que mellora o seu compromiso.
Tíscar, Lara.(s.f) Uso de los blogs en una pedagogía constructivista. Blogs para educar.
¿Qué es un edublog y para qué sirve? (2013, 14 abril). Práctica 2 TIC. Recuperado 27 de abril de 2024, de https://josemorillas.blogspot.com/2013/04/que-es-un-edublog-y-para-que-sirve.html
Uso de los blogs en una pedagogía constructivista. (2006, 16 febrero). Docencia y didáctica. Recuperado 27 de abril de 2024, de https://docenciaydidactica.ecobachillerato.com/2006/02/uso-de-los-blogs-en-una-pedagoga.html
Martín Fernández, C. (2018, octubre). Guía sobre el uso educativo de los blogs. Universidad Politécnica de Madrid, Gabinete de Tele-comunicación. Recuperado 27 de abril de 2024, de https://oa.upm.es/57137/1/GUIA_USO_EDUCATIVO_BLOGS.pdf
Ademais disto, tamén empregamos os documentos propostos nas clases expositivas da materia.
Comentarios
Publicar un comentario